tag:blogger.com,1999:blog-70221679337039616052024-02-08T11:21:12.282-08:00O blog de Alfonso RuedaAlfonsohttp://www.blogger.com/profile/14562490165933325107noreply@blogger.comBlogger6125tag:blogger.com,1999:blog-7022167933703961605.post-74495636881145271162009-07-02T04:14:00.000-07:002009-07-02T04:15:38.829-07:00Unha nova etapa para GaliciaDespois dun tempo desaparecido, volvo tomarlle fío ao blog. Estes teñen sido meses de vértigo, dunha intensidade que só é comparable á importancia do que temos conseguido. Gañamos as eleccións e un novo goberno traballa con optimismo o futuro de Galicia. Todo o que arelabamos xa está sendo.

Iniciamos unha nova etapa e iso ten o seu aquel. Tamén ao nivel persoal. De repente veste sentado nun despacho e se suceden as xornadas vibrantes para saber dos recursos cos que contas, do que se prometeu e non se fixo, do que se fixo e era prescindible, de todo o pendente... E por suposto (e sobre todo) para definir novos proxectos.

Temos traballo por diante: moitos dos compromisos asumidos polo bipartito non se cumpriron e, máis aínda, non se soubo priorizar gastos para atender ao realmente necesario.

Sinceramente, creo que houbo moito de propaganda e pouco de investimento realmente produtivo. Os xa famosos buratos veñen tamén de aí, dunha fuxida cara diante na xestión e dunha acción política a miúdo artificial e desconectada da realidade.

Son tempos difíciles, pero creo sinceramente que Galicia conta co mellor goberno dos posibles nesta nova etapa. Existe un equipo compacto e ben compensado. Un goberno a imaxe da pluralidade e diversidade da sociedade galega, que fai do traballo e da entrega claves fundamentais para impulsar un programa político en positivo, sen consignas e sen estridencias.

Sen dúbida, os próximos anos van ser decisivos. Temos na man debuxar unha nova fronteira de oportunidades para Galicia. Superar a crise é o primeiro paso, freando a sangría do desemprego e articulando verdadeiros servizos e recursos para o benestar das persoas. Esta é a aposta, unha aposta que deberemos construír sobre a base do traballo compartido e a suma de esforzos. Nese camiño andamos xa, logo de acadar a confianza maioritaria da cidadanía galega.

A todos os que tedes traballado para facer desta vitoria unha realidade ilusionante, moitas grazas. E a todos os que vos achegades a este espazo, sabede que de agora en adiante fago o firme propósito de atopar tempo para escribir nel. Será un bo momento de reflexión e de calma.Alfonsohttp://www.blogger.com/profile/14562490165933325107noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7022167933703961605.post-90916598251109003802008-12-17T05:25:00.000-08:002008-12-17T16:11:23.324-08:00A festa de Quintana coas mulleresDisque ó Sr Quintana non lle importa que o critiquen a el, pero non tolera que lle falten ó respeto ás mulleres que o domingo pasado foron convocadas – sen aviso previo- a un mitin do Bloque en Silleda, baixo a excusa de non se sabe ben que programa da Xunta de Galicia.

Víaselle nas fotos moi contento ó vicepresidente, pensando seguramente en cómo estaba a amolar a Touriño, que á mesma hora competía con él (qué novidade) na proclamación como candidato que lle montara Ferraz.

É o que hai: dous gobernos con dous presupostos, independentes entre sí e, en ocasións -como ésta-, mesmo enfrontados.

Tería moita gracia senon fóra porque os 300.000 euros que debeu custar o sarao de Quintana o pagamos tódolos galegos a través dos Orzamentos dunha Vicepresidencia (a súa, como él dí) que segue, a día de hoxe, sen pagarlles un céntimo ós milleiros de dependentes que, eso sí, foron bombardeados -e seguen a selo- por unha propaganda oficial tan cara como mentirosa.

E que non veña decindo que non sei de qué falo, que ó mellor podería sacarlle as cores.

Estaría ben ver a Quintana explicándolle ós dependentes, ós seus coidadores, ou mesmo ós que se van ó paro cada día, que 300.000 euros é unha cifra “insignificante” cando se trata de contraprogramar a Touriño.

En todo caso, é bo saber que ó señor vicepresidente xa non lle importa que lle critiquen; sería bo que llo dixera ós alcaldes que osaron cuestionalo e, como non lle pediron perdón, levan xa seis meses castigados sen cartos das Consellerías do BNG.Alfonsohttp://www.blogger.com/profile/14562490165933325107noreply@blogger.com3tag:blogger.com,1999:blog-7022167933703961605.post-68025502821492177702008-12-15T16:49:00.000-08:002008-12-15T16:55:20.193-08:00Recién chegados de CaracasRecien chegados de Caracas, a onde nos marchamos o mércores pasado, Manolo Ruiz, portavoz parlamentario, e un servidor, respondendo á invitación dos nosos compañeiros do Partido Popular de Venezuela para participar na "Vinada de Fin de Ano".

Sinceramente, non resulta sinxelo explicar a experiencia. A situación actual en Venezuela é todo menos fácil: unha altísima inseguridade cidadá, caos nos servizos públicos, omnipresencia político-militar do réxime de Hugo Chávez ata extremos asfixiantes, miles e miles de chabolas rodeando Caracas...

Pero nada pode cos nosos paisanos: aglutinados en torno á Irmandade Galega, seguen sendo un exemplo de como se pode estar e sentirse en Galicia a miles de quilómetros de distancia, esforzándose por conservar, máis vivas cada día, todas as nosas tradicións e o mellor da nosa terra: e isto é algo que só indo alí pódese comprobar.

Tanto o xoves, en Caracas, como o venres, en Maracay, tivemos a oportunidade de reunirnos con centos de paisanos que se envorcan e traballan por Galicia e polo noso Partido cunha ilusión e unha entrega da que todos deberiamos tomar exemplo.

Grazas aos galegos/as do PP de Venezuela, polo seu recibimiento e por todas as atencións que nos dedicaron estes días; grazas pola súa confianza na nosa vitoria e, sobre todo, polo exemplo que nos dan, tan lonxe e en circunstancias que son todo menos boas.

Agora, que Touriño lles explíque porque non pensa facer nada para garantir que poidan votar limpiamente e coas garantías que se merecen.Alfonsohttp://www.blogger.com/profile/14562490165933325107noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-7022167933703961605.post-90996659399919853382008-12-05T09:36:00.000-08:002008-12-05T09:41:57.495-08:00Director de campañaComo dí o noso lema de precampaña, CHEGOU O MOMENTO.

Neste caso, tamén de estrear o BLOG, e ningún día mellor que o de hoxe, no que o Comité de Dirección do PPdeG decidiu encomendarme a que probablemente sexa, a día de hoxe, a meirande responsabilidade da miña vida.

Hoxe, os meus compañeiros me designaron, a proposta de Feijoo, coordinador da campaña electoral das próximas eleccións autonómicas; as eleccións seguramente máis importantes en moitísimo tempo, porque Galicia vive unha situación moi difícil.

Solo vale gañar, e iso é o que imos facer, con ilusión, con paixón e con unidade. Temos o mellor Partido, o mellor candidato e as propostas que agora mesmo fan falta.

Queda explicalas, facer partícipes a todos: faremos unha campaña de información sobre a nosa alternativa ó bipartito, sen demagoxias e con responsabilidade, e pegados ós problemas que de verdade lle preocupan á xente.

E, por suposto, austera: ninguén entendería, neste momento, que non fose así: non se trata de dar exemplo- que tamén- senon sobre todo de ser consecuente coas dificultades que atraviesan cada día máis galegos e galegas. Queda ver si os demáis farán o mesmo.

Traballerei para corresponder á confianza que se pon en mín: se a maioría absoluta se mide en traballo, adicación e ilusión, a victoria xa o temos ó alcande da man.

Que Touriño convoque as eleccións cando queira. O Partido Popular de Galicia estará preparado.Alfonsohttp://www.blogger.com/profile/14562490165933325107noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-7022167933703961605.post-78128381018669880482008-11-26T14:42:00.000-08:002008-11-26T14:44:27.368-08:00Benvidos!Dende que cheguei á Secretaría Xeral do PPdeG, tiven claro que Internet era unha das nosas asignaturas pendientes. Procurei, na medida das miñas posibilidades, apoiar tódalas iniciativas que buscaran potenciar a nosa presencia na rede, axudando a coñecer mellor o noso Partido e, sobre todo, ós que nel militamos.

Moitos dos meus compañeiros/as o tiveron claro dende o principio, e hoxe teñen blogs en Internet con moitos seguidores e que, sinceiramente, da gusto ler, e dos que agardo aprender moitas cousas.

Hoxe (moito máis tarde do que deberíalo feito) debuto co meu propio blog, modesto e sen outra pretensión – e compromiso- que escribir e mantelo de xeito persoal e artesanal, e coa ilusión de pretender que sirva para estreitar lazos e intercambiar opinións, ideas e bo rollo con todos aqueles que navegan por ese inmenso espacio de liberdade que é INTERNET.

Moitas gracias, por anticipado, a todos.Alfonsohttp://www.blogger.com/profile/14562490165933325107noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-7022167933703961605.post-55283075974974091882008-11-26T14:23:00.000-08:002008-11-26T14:42:30.819-08:00¿Quen son?Nacín en Pontevedra, no mes de Xulio do ano 1968; acabo de cumplir, pois, os temidos (para moitos) 40 anos. Estou casado e teño duas fillas, de catro e cinco anos.

Estudiei o bacharelato no Colexio San Narciso de Marín, e no Instituto Valle-Inclán de Pontevedra. Fixen Dereito en Santiago de Compostela, e máis tarde preparéi as oposicións a Secretario de Administración Local. O meu último destiño foi o Concello de Cambados, e durante cinco anos fun Director Xeral de Administración Local na Xunta de Galicia.

Me afilié ó PPdeG en 1990; dende Xaneiro de 2006 ocupo á Secretaría Xeral, logo de que Feijóo confiara en mín para este posto; antes fun presidente de Novas Xeracións de Pontevedra e dende sempre traballei como un máis dos miles e miles de afiliados de base, que, sen ningunha dúbida, son os que realmente consiguen facer do meu partido o máis importante de Galicia.

A política é paixón, e así procuro exercela día a día, pero sen esquecer que a vida ten outras moitas cousas importantes que tamén merecen a pena; intento, no tempo libre que me queda, non perderme de todo os mellores anos das miñas fillas, estar cos amigos e disfrutar ó aire libre, por exemplo facendo o Camiño de Santiago do que son un fanático: tódolos anos (dende hai máis de dez) procuro adicarlle unha semaniña.

Creo nas persoas e na súa liberdade por enriba de todo, na forza inmensa dos equipos ben avenidos e na necesidade de respetar para que te respeten.

Se me ocurren moi poucas cousas que non se podan facer se de verdade se lle botan ganas, ilusión e traballo.Alfonsohttp://www.blogger.com/profile/14562490165933325107noreply@blogger.com0